Research #6

urban studies

Xose Lois Martínez Suárez 

A Coruña, April 2018

 







As Formas Espaciais Do Neoliberalismo Na Galicia Do Século XXI
 


Moitos enunciados, repetidos unha e outra vez, parecen rezumar dosis de nostalxia para idealizar un pasado recente que foi e é, a orixe do tempo do drama para a xente do común.

Un pasado que se caracterizou

  - como momento por excelencia da especulación financieira e

  - como momento catárquico do patolóxico-inmobiliario,

  -o momento por excelencia da grande crise económica mais esmagadora do século XX.

  - o momento no que dende os sillóns do poder se deseñaron as maiores estafas coñecidas a millóns de cidadáns.



Indefensos, educados simplemente para garabatear a firma do seu contrato laboral-esclavista, da hipoteca-trampa, da preferente-cínica, da espúrea promoción inmobiliaria ... foron arrastrados ao inferno polo tsunami de políticas económicas construídas e impulsadas dende o Estado, dende a Comunidade Autónoma e coa inestimable complicidade da inmensa maioría dos gobernos municipais, colaboradores imprescindibles na promiscua relación do inframundo "da política urbanística oficial" cos escuros obxectos de desexo dos grandes operadores inmobiliarios.

Con diferentes graos de responsabilidade, todos eles participaron activamente na creación dun escenario depredador, succionando e acaparando as rendas do traballo, para o beneficio das rendas especulativas urbanas.

O enorme esforzo cotián de millóns de cidadáns-productores na xeración de inxentes recursos económicos, dos que só unha pequena parte pasaron a ser excedentes, foron convertidos en cargas hipotecarias para acadar(dixéronlles) futuros paraísos que en pouco tempo se converteron nun inferno de "recortes" en beneficio dos grandes manipuladores: a asistencia social, a educación, a sanidade, a vivenda, as pensións, a explotación precaria da mocidade, a marxinalización dos vellos, a exclusión da muller...

Nesa viaxe ao fin do mundo, os cadáveres das aventuras inmobiliarias, despregados polas periferias das agras e campos abandonados, desafiantes nos bordes litorais outrora vírxenes, seguen a mostrar a súa futilidade e nudez coa crueza dunha paisaxe devastada: a terra e o mar, os grandes ventres produtivos das riquezas deste país durante séculos, foron e son negados volvéndose invisibles á unha nada inocente mirada "urbana" incapaz de ver mais aló das patéticas creacións, que levantan os seus esqueletos para mostrarnos diariamente o drama de millares de cidadáns.

É o que resta daquel "paraíso" prometido, icono que agora de novo tratan de recuperar, presentando os vellos relatos envoltorios "no papel celofán" de continuadas promesas de "resurrección" de "reactivación": os focos van xirando nunha estudada "mise en scène" para ofrecernos imaxes edulcoradas dunha sinistra beleza, insoportable para as vítimas, pero adxectivada coa condición de "exquisita" para quen desde a distancia observa o "espectáculo" coa mirada do pensamento politicamente correcto.

Convenientemente descontextualizadas no social, no cultural, no económico, no xudicial, no político... consideran que, si o intentan de novo, poderán volver a sentir a "irrefreable pasión" por conquistar os anhelados "obxectos de desexo" cargados agora con novos significados.

Outra volta poderán soñar na posibilidade dun asalto a un paraíso que nunca existíu... nin existirá si os apóstoles que anuncian a "boa nova" son os vellos mercaredes.



Mentras, nas cidades do capital, os abutres sobrevoan as ruínas da outra cara da devastación  propiciada nos momentos iniciais do tsunami: o gran refluxo baleirou barrios completos, baleirou miles de vivendas, derrubou muros centenarios e abriu o centro das cidades a situacións ideais para que os operadores iniciaran unha "reconquista limpa", aparentemente aséptica, na que o baleiro oculto tras o tapiado de portas e xanelas nos muros das fachadas tralas que se agochan os vellos pantasmas preparándose para a próxima depredación: o común, o público, non só presente na condición especial da titularidade do físico, senón tamén na dimensión virtual que abre a porta á lexitimidade da acción mesma de participar no proxecto colectivo que a cidade representa.







 

 


Mark